Burgo leva ao Parlamento o ruinoso estado de Santa Eulalia  de Bóveda

Burgo leva ao Parlamento o ruinoso estado de Santa Eulalia de Bóveda

12/02/2016

A deputada socialista Concepción Burgo presentou na Cámara autonómica unha batería de iniciativas parlamentarias para denunciar a “total pasividade e abandono” do monumento de Santa Eulalia de Bóveda, localizado a 14 quilómetros da cidade de Lugo, por parte do goberno galego.

Burgo lembra que a competencia sobre o seu coidado e mantemento correspóndelle ao executivo autonómico, que “o único que demostra é desidia” fronte a un dos elementos máis senlleiros do patrimonio cultural galego, cunha orixe que se remonta ao período tardorromado.

O seu alarmante estado evidencia a necesidade de “continuos traballos de vixilancia e mantemento para evitar o seu deterioro” que a Dirección Xeral de Patrimonio “deixou de facer dende a chegada de Feijóo ao Goberno” a pesares de que o seu estado “empeora co transcurso do tempo” e resulta evidente mesmo a simple vista.

Os socialistas reclámanlle á Xunta que inicie de forma inmediata as accións máis urxentes que permitan solventar os problemas que se manifestan no monumento e que elabore ademais, nun prazo máximo de 6 meses, un plan conxunto de investigación, rehabilitación, conservación e posta en valor de Santa Eulalia de Bóveda e o seu contorno.

Iniciativas:

47126-PNP Santa Eulalia de Bóveda-febreiro 2016

47128-POP Santa Eulalia de Bóveda-febreiro 2016

Tes algo que engadir?

Envíanos a túa opinión, proposta, suxerencia...

Participa no debate!

As túas achegar irán directas aos parlamentarios que levan estes temas.

Os teus datos non se farán públicosOs teus datos non se farán públicos a non ser que o pidas expresamente. En calquera caso, o teu nome e o teu email serán sempre privados e os usaremos exclusivamente para contactar contigo se é necesario.